xoves, 15 de maio de 2014

MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FISICA: "MOVEMONOS POLA HISTORIA"

Nesta actividade levamos a práctica o título do noso blog "Móvome pola baixa Limia" xa que realizamos un roteiro para achegarnos a nosa historia que previamente estudiamos na aula na materia de coñecemento do medio.

O  relevo ,o plano, os seres vivos servíronnos de vínculo para as dúas materias. Foi unha actividade física intensa pero gratificadora xa que nos acercamos a nosa historia máis antiga.

A nosa primeira visita foi a casa familiar de Xoaquín Lourenzo Xocas en Lobeira.




Posteriormente fixemos unaha parada para coñecer a Aldea da Cela.
A Cela atópase a un 30 Km de Portugal, no precioso parque natural do Xurés - Ou Bosque Máxico. Este pobo a parte de ter unhas vistas preciosas  é  peculiar pola forma que ten de construír as casas, unidas ás grandes rocas da zona, ou mesmo algunhas teñen dependencias dentro da mesma roca.


A continuación puidemos ver o Dolmen da Presa das Salas tamen chamado a "Casiña da Moura"
Trátase dun dolmen de corredor situado xunto ao encoro de Salas, no municipio ourensán de Muiños. A construción da presa obrigou a que fose trasladado de lugar.



Unha vez que chegamos á Pitoes, no pais veciño puidemos visitar o seu Mosteiro


Este convento remonta a unha antiga hermita pre-românica, fundado o século IX, cuxa implantación obedeceu a criterios de illamento. Encóntrase nun vale estreito, de difícil acceso e lonxe dos camiños e de lugares habitados, inscrito nun grandioso fondo paisaxística.. Destaca o seu carácter humilde e ascético.





Fixemos a ruta para visitar o Mosteiro de Santa María de Pitões dás Júnias (Portugal) preto da fronteira con España e a Fervenza de Pitões dás Júnias. O tramo de escaleiras de madeira ten 218 chanzos en tramos de 5 ou 6, primeiro en baixada e logo hai que subir de novo. 




Logo visitamos o Eco-museo
Situado na vella corte do Boi do Pobo, o ecomuseo da aldea reflexa  o seu carácter rural e pódese atopar capas rústicas de tea de lá e zocos de madeira, ademais de encaixes  e bordados de liño.





xoves, 6 de marzo de 2014

Unha vez rematada a segunda actividade mostramosvos as fotos do desenvolvemento da mesma e do ben que nolo pasamos realizándoa xa que íamos disfrazados por mor do entroido.





 Iniciamos a actvidade cun traballo de investigación no que a profe de coñecemento do medio nos propuxo realizar unha ficha sobre unha árbore senlleira de Galicia  e tamén resolver unha serie de preguntas sobre a xeografía, ríos e clima de Galicia.







A continuación tivemos que resolver esas mesmas preguntas por equipos para poder conseguir un mapa onde estaban sinaladas as árbores senlleiras que tiñamos que buscar por todo o colexio.





Guiados cada equipo polo mapa buscamos e rebuscamos ata atopar todas as árbores senlleiras para posteriormente colocalas nos respectivos mapas de Galicia que se atopaban na entrada do cole. Para podelas colocar no mapa antes tiñamos que responder unha pregunta sobre  a árbore senlleira que atopáramos, senon conseguíamos respondela ben sempre podíamos ir ata a zona de ordenadores da biblioteca para buscar a información.






Finalmente gañou o equipo que antes colocou correctamente todas as fotos das árbores senlleiras no mapa de Galicia que neste caso foi o equipo A.

venres, 31 de xaneiro de 2014

Está en marcha a seguinte actividade do proxecto "Máis e mellor actividade física". resulta un traballo ambicioso que vai unir o coñecemento físico e social da Baixa Limia, a súa riqueza paixasistica e a súa actividade física nunha proposta de actividades que iremos presentando. Como temos que partir do noso entorno máis directo, o cole prestará as súas instalacións para a elaboración dunha ximcana onde aprenderemos a ler un mapa, a situarnos no espazo, e a través de postas ou balizas para construir un mapa final que sitúe todas as árbores senlleiras( traballo final desta Unidade).



martes, 19 de novembro de 2013

O MAGOSTO E OS XOGOS POPULARES

O luns día 11 de Novembro celebramos o magosto no Ceip Xoaquín Lourenzo Xocas. Como o bo tempo nolo permitiu xogamos no noso patio; aqui deixamos unha pequena pegada do ben que o pasamos e do moito que nos esforzamos para non caer de fuciños.


 A corda


 Xogo dos tres pés



Carreira de sacos


Carreira de relevos


O xogo das chapas

 A mariola


A castaña comedoira

Os bolos